Orlando Jonathan Blanchard Bloom é un actor inglés nado o 13 de xaneiro de 1977 na vila de Canterbury.
Biografía miniatura|200px|Orlando Bloom no 2005 Orlando Jonathan Blanchard Bloom naceu en Canterbury, Inglaterra. Podería dicirse que Orlando Bloom é actor grazas á súa nai: foi ela quen lles inculcou a el e á súa irmá a paixón polas artes cando eran pequenos. Animado por ela, Orlando empezou recitando poesía en festivais da súa localidade. E pouco despois, estando aínda no colexio, decidiu que quería dedicarse á interpretación.
Ós 16 anos trasladouse a Londres e uniuse ao National Youth Theatre, onde actuou durante dúas tempadas. Máis tarde conseguiu unha bolsa para estudar na British American Drama Academy. Durante aquel tempo acudiu a multitude de castings; iso permitiulle facerse con pequenos traballos na televisión británica e cun breve papel secundario en Wilde, película sobre a vida de Oscar Wilde coa que debutou na gran pantalla en 1997.
A súa carreira cinematográfica xa comezara, pero aínda así Bloom preferiu tomarse un tempo para ampliar a súa educación. Así que se inscribiu na Guildhall School of Music and Drama de Londres, unha prestixiosa escola pola que tamén pasou xente como Ewan McGregor ou Ben Chaplin.
Aínda estaba na escola cando lle xurdiu a posibilidade de presentarse ó casting de The lord of the rings, a triloxía que preparaba Peter Jackson sobre a obra de Tolkien. Bloom presentouse nun principio para o papel de Faramir, pero Jackson decidiu ficharlle finalmente para interpretar a Legolas.
Deste xeito, Orlando converteuse nun dos principais protagonistas das tres películas: A comunidade do Anel, As dúas torres e O retorno do rei. O grande éxito do proxecto logrou que o seu nome fixésese popular rapidamente e convertésese nunha das novas estrelas de Hollywood.
Tras participar no Señor dos Aneis, Orlando Bloom traballou noutros tres proxectos destacados: o aclamado filme bélico Black Hawk Down, de Ridley Scott; a película de aventuras Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl, un éxito de portelo que protagonizou xunto a Johnny Depp; e a superprodución épica Troia, xunto a Brad Pitt e Eric Bana.
Recentemente estreou Kingdom of Heaven, un filme épico que protagonizaba xunto a Liam Neeson e Eva Green, e Elizabethtown, unha comedia romántica na que compartiu cartel con Kirsten Dunst. Tras iso volveu envorcarse no proxecto de Piratas do Caribe, e nas súas dúas secuelas: Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest e a recentemente estreada Pirates of the Caribbean: At World's End.
Actualmente lígaselle amorosamente coa cantante estadounidense Katy Perry.
Filmografía + Filmes Ano Título Papel Notas 1997 Wilde Rentboy cameo 2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring Legolas 2001 Black Hawk Down Soldado Todd Blackburn 2002 The Lord of the Rings: The Two Towers Legolas 2003 Ned Kelly Joseph Byrne 2003 The Lord of the Rings: The Return of the King Legolas 2003 Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Will Turner 2004 The Calcium Kid Jimmy Connelly 2004 Troia Paris 2004 Haven Shy Tamén produtor 2005 Kingdom of Heaven Balian de Ibelin 2005 Elizabethtown Drew Baylor 2006 Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Will Turner 2006 Love and Other Disasters Hollywood Paolo Cameo 2006 The Armenian Genocide Auguste Berneau Documental 2007 Pirates of the Caribbean: At World's End Will Turner 2007 Everest: A Climb for Peace Narrador Documental 2009 New York, I Love You David 2010 Sympathy for Delicious The Stain 2010 Main Street Harris Parker 2011 The Good Doctor Dr Martin Ploeck Tamén produtor executivo 2011 The Three Musketeers Duque de Buckingham 2011 Maniac Home do cohe Cameo 2012 The Hobbit: An Unexpected Journey Legolas 2013ZuluBrian Epkeen2014Romeo and JulietRomeoThe Hobbit: The Battle of the Five ArmiesLegolas2015Digging for FireEn posproduciónUnlockedA filmar
+ Televisión Ano Título Papel Notas 1994–96 Casualty Extra/Noel Harrison/Paciente 3 episodios 2000 Midsomer Murders Peter Drinkwater 1 episodio: "Judgement Day" 2006 Extras El mesmo 1 episodio
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Kent, Inglaterra Categoría:Nados en 1977 Categoría:Modelos masculinos de Inglaterra