Aleksander Antoni Włodzimierz Małecki, nado en Zarubyntsi o 4 de setembro de 1901 e finado en lugar descoñecido en 1939, foi un militar e tirador de esgrima polaco, gañador dunha medalla olímpica. Traxectoria

Estudante en Lviv, membro dos coñecidos como aguiachos de Lviv, mozos que durante a Guerra Polaco-Ucraína (1918-1919) defenderon a cidade de Lvov contra os ucraínos, pretendendo a anexión a Polonia da Galitsia Oriental tras a proclamación de independencia de Ucraína. Tras a guerra estableceuse en Cracovia, entrando no exército como voluntario, tras a desmobilización en novembro de 1920 estudou na Academia de Belas Artes desa cidade, graduándose en 1927 e pouco despois realizou un curso militar para converterse en oficial de cabalería na reserva. Un dos pioneiros da esgrima en Polonia, foi dúas veces campión nacional de espada (1924 e 1928). Participou nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928, levando nestes últimos a medalla de bronce en sabre por equipos. En 1931 recibiu a promoción a subtenente da reserva e en 1936 a tenente. Ao inicio da segunda guerra mundial incorporouse ao servizo activo combatendo na defensa de Polonia e morrendo no decurso da conflagración.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web do Comité Olímpicos Polaco PKOl

Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Polonia Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Polonia Categoría:Militares de Polonia Categoría:Nados na rexión de Ternopil Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928