Arturo Cervigón Díaz, nado en Buenos Aires en 1895 e finado na Coruña o 13 de xaneiro de 1973, foi un médico e político galego.
Traxectoria Médico e profesor axudante de lingua inglesa na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Masón. Estivo afiliado ao Partido Radical Socialista, despois ao Partido Radical e finalmente a Unión Republicana, sendo concelleiro en Santiago de Compostela en representación deste partido. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era director do Balneario de Villar del Pozo en Cidade Real. Foi destituído en novembro do seu posto na Universidade e sufriu multas e inhabilitación polo Tribunal de Responsabilidades Políticas.BOE, 5-1-1941, p. 81. Exerceu de médico en varios balnearios de Castela e deixou a profesión para dedicarse a administrar os bens familiares. Publicou algúns artigos sobre a historia do uso da auga na revista Galicia Clínica en 1963. Finou na Coruña o 13 de xaneiro de 1973.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 16-1-1973, p. 75.
Obras La colesterina en la diabetes y las aguas de Mondariz. Tesis doctoral, 1929. Manual de prácticas hidrológicas, 1931 (con Antonia Martínez Casado). Premio Salgado de la Real Academia Nacional de Medicina (1933).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1973