O Arena 2000 (en ruso Универсальный Культурно-Спортивный Комплекс Арена-2000 ou УКРК «Арена 2000») é un pavillón deportivo da cidade de Yaroslavl (Rusia). Foi inaugurado en 2001 e ten capacidade para 9.070 espectadores en partidos de hóckey sobre xeo e 8.795 para concertos. Neste pavillón xoga os seus partidos como local o equipo de hóckey sobre xeo Lokomotiv Yaroslavl, pertencente á Kontinental Hockey League (KHL). O pavillón tamén é empregado para exposicións e pista de patinaxe.
O primeiro partido no Arena 2000 tivo lugar o 12 de outubro de 2001, cando o Lokomotiv Yaroslavl derrotou por 3 goles a 1 ao HC Lada Togliatti. Dende aquela ten acollido numerosos eventos, entre os que destaca o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo U18 2003.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do Arena 2000 Imaxes do pavillónen www.hockeyarenas.net
Categoría:Pavillóns de hóckey sobre xeo de Rusia Categoría:Pavillóns da KHL