300px|miniatura| Os BRICS son unha asociación de países e grupo económico, político e social formado por Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica, aos que se lle incorporan, a partir do 1 de xaneiro de 2024, Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía. Até a incoporación da República Surafricana en 2011, o grupo era coñecido como BRIC.
Todas estas nacións teñen en común unha gran poboación: a China e a India superan os 1 100 millóns e o Brasil e Rusia os 150 millóns; un enorme territorio, case 38,5 millóns de quilómetros cadrados, o que lles proporciona dimensións estratéxicas continentais e unha xigantesca cantidade de recursos naturais e enormes cifras que adoitan presentar de crecemento do seu PIB e de participación no comercio mundial nos últimos anos, o que os fai atractivos como destino de investimentos. México e Corea do Sur son os únicos países comparables aos BRICS, mais as súas economías excluíronse debido a que xa son membros da OCDE. Tódolos países BRICS forman parte do G20.
Reunións da cúpula dos BRICS miniatura|Líderes dos países BRIC en 2008. CúpulaParticipantesDataPaís anfitriónLíder anfitriónLocalización1ªBRIC16 de xuño de 2009Dmitrii MedvedevEkaterimburgo2ªBRIC15 de abril de 2010Luiz Inácio Lula da SilvaBrasilia3ªBRICS14 de abril de 2011Hu JintaoSanya4ªBRICS29 de marzo de 2012Manmohan SinghNova Deli5ªBRICS26 de marzo de 2013Jacob ZumaDurban6ªBRICS15 de xullo de 2014Dilma RousseffFortaleza7ªBRICS9 de xullo de 2015Vladimir PutinUfa8ªBRICS16 de outubro de 2016Narendra ModiGoa9ªBRICS5 de setembro de 2017Xi JinpingXiamen10ªBRICS26 de xullo de 2018Cyril RamaphosaXohanesburgo11ªBRICS13 e 14 de novembro de 2019Jair BolsonaroBrasilia12ªBRICS17 de novembro de 2020Vladimir PutinSan Petersburgo (virtual)13ªBRICS9 de setembro de 2021Narendra ModiNova Deli (virtual)14ªBRICS23 e 24 de xuño de 2022Xi JinpingPequín (virtual)15ªBRICS22 e 24 de agosto de 2023Cyril RamaphosaXohanesburgo16ªBRICS22 e 24 de outubro de 2024Vladimir PutinKasan
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Mercados emerxentes Foro de diálogo IBSA
Categoría:Organizacións económicas internacionais Categoría:Relacións internacionais do Brasil Categoría:Economía do Brasil Categoría:Economía da China