O castelo de Mesía, ou Torre-Fortaleza de Mesía é unha fortificación de finais do século XIII ou comezo do século XIV construída á beira do río Samo na Pobra, en Bascoi no concello de Mesía. Dende o século XV, durante o Antigo Réxime, exerceuse desde este castelo a xurisdición de Mesía para o arcebispo de Santiago de Compostela.

Arquitectura miniatura|Reconstrución do castelo. O castelo constaba dunha torre interior amurallada, con defensas exteriores de forma poligonal, rodeada dun foxo profundo. Arestora o estado de conservación é de abandono e só se conservan parte das defensas exteriores, que son de forma redondeada, moi raras en Galicia. Con todo, nuns puntos conserva uns 18 metros de altura sobre do terreo exterior a cerca, na que se aprecian entre as ruínas os muros divisorios e a entrada do castelo. A torre da homenaxe era moito máis alta cás murallas e probablemente estivese ameada. Os muros teñen un grosor medio de 2,5 m. O groso da cerca é duns 2,60 m e é de cachotería de lousa.

Historia Os primeiros rexistros históricos que mencionan o castelo datan do 1401 e trátanse dun documento de Gonzalo Díaz de Mesía, que foi señor desta xurisdición a preito de homenaxe das mans de Bernal Yánez, quen tiña a fortaleza polo Arcebispo Lope de Mendoza. O nome de Gonzalo Díaz de Mesía aparece nunha inscrición que figuraba no lintel da porta da torre da homenaxe:

O cronista Vasco de Aponte na súa obra Recuento de las casas antigas do reino de Galicia, escrita entre os anos 1510 e 1516, di que Gonzalo Díaz de Mesía "sirvió moi ben ao rei D. Enrique e ganou as sete felegresías, era home esforzado e valente. Tiña corenta lanzas e cenhomes. (...) Se o mataban un home, el mataba dous por el. Abateu a casa de Ledoira, Guerreábase con Ruy Sánchez, su primo, facéndolle dous por una. O arcebispo no lle facía forza". Vasco de Aponte continúa o relato dos litixios do Arcebispo Lope de Mendoza pola posesión da fortaleza e como as perdeu e outras liñaxes a herdaron.

O ano 1467 foi determinante na historia do castelo. Os Irmandiños tomárona e foi destruída, pero ó ser abandonada por estes, o Arcebispo Fonseca usurpou a propiedade e restaurouna. Despois da famosa batalla de Altamira, os cabaleiros galegos ó mando de Gómez Pérez das Mariñas II, derrotaran a Fonseca, recuperando o dominio sobre as fortalezas e castelos dos que se tiña apoderado o prelado aproveitando as sublevacións irmandiñas. Gómez Pérez deixou a torre en herdanza á súa filla Dona Ginebra, xunto coa xurisdición e as terras de Mesía, máis ó casar co castelán Luis Azevedo e marchar para Salamanca, outros señores do contorno usurparon a torre, e pretenderon construír mais castelos neste territorio. Mais Azevedo e a súa muller queixáronse a raíña Isabel a Católica, que atendeu as súas demandas en Valladolid no 1476 e ordenou ás xustizas de Galicia que impedisen a edificación doutras fortalezas na xurisdición de Mesía. Malia todo o proceso, en 1523, rematará en poder da mitra compostelá.

No 1858 a construción conservábase intacta. Só dous anos máis tarde, o poeta Ángel Corzo, nunha carta persoal comenta que:

A torre debeuse derrubar no 1859.

miniatura|center|upright=5|Vista panorámica do interior.

A lenda da Infanzona ou Infanta de Mesía Entre as lendas e tradicionais xurdidas á sombra desta fortaleza figura a da Infanzona, que recolle Benito Vicetto en Tradiciones feudales de Galicia (1878, publicada previamente na Revista Galaica), e a lenda incluída no Cancionero de Galicia, editado en Santiago polo poeta Ángel Corzo. Nesa lenda da Infanta de Mesía cóntase como a dona do castelo, namorada dun trobador, decátase de que este entendíase cunha doncela do seu séquito. Así encargoulle, despeitada, a un parente que lle entregase a cabeza da traidora. A lenda di así:

A historia remata coa sorpresa desagradable da cabeza decapitada da filla da dona do castelo.

Outra lenda di que sendo dono do castelo os Churruchaos, ao arcebispo de Santiago gustáballe a filla deste e fixo que a prenderan para levala co arcebispo. O pai da moza cheo de ira colleu un día nunha rúa de Santiago o arcebispo por sorpresa e cravoulle un coitelo causándolle a morte e sendo axustizado logo o pai da moza polo feito acaecido.

Ben de Interese Cultural O Castelo de Mesía está baixo a tutela do Estado pola lexislación do Decreto de 22 de abril de 1949 sobre Protección de Castillos Españoles, expedido polo Ministerio de Educación Nacional (B.O.E. 5-5-1949) e foi declarado Ben de Interese Cultural o 17 de novembro de 1994 polo Ministerio de Cultura. Catálogo arquitectónico. Plano Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mesía. 2013. En 2022, o concello encargou á cooperativa Árbore, a primeira intervención de tipo arqueolóxico que serviu para limpar os restos e consolidar as ruínas para o seu aproveitamento cultural e turístico.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Mesía Masia Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña Categoría:Artigos destacados sobre Galicia Masia