San Lourenzo de Brandeso é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE de 2011 tiña 124 habitantes (59 mulleres e 65 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 156 habitantes.

Patrimonio Pazo de Brandeso. Situado no lugar do Casal de Arriba, é un edificio con planta en forma de U e fábrica de cachotería impecable. Ten unha capela fronte á fachada principal.

É tradición que as augas da fonte de Brandeso, noutrora moi nomeadas, son curativas, estando indicadas para enfermidades da pel e úlceras crónicas Gran Enciclopedia Galega, s. v. Arzúa..

Lugares e parroquias Lugares de Brandeso

Parroquias de Arzúa

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arzúa

Categoría:Parroquias de Arzúa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo