O Castro da Braña é un poboado castrexo situado no lugar da Painceira nos lindes da parroquia de Visantoña (Mesía) con Filgueira de Traba (Oza Cesuras).
Morfoloxía O castro apréciase que ten unha forma ovalada e que abrangue 84 por 62 metros, sendo os dous eixos en dirección LSL-ONO e SSE-NNO. Orixinariamente debeu ser de menor tamaño. Conserva un parapeto nunha zona pequena do norte dunhas dimensións de 2 metros de altura no interior e uns 3 metros no exterior. O foxo, que semella que circundaba a totalidade do castro, non supera o metro de profundidade. Un corte do parapeto permite ver a súa estrutura interna e que se trata dunha mestura de pedras de xisto e terra. Os terrapléns que se conservan son pequenos, entre o metro e os dous metros, e só parecen ser maiores no noroeste, onde poderían acadar os 3 metros de altura Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía..
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación Obras de achanzamento e actividades agrícolas destruíron case todo o recinto, sendo o estado de conservación pésimo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Braña Categoría:Castros de Oza Cesuras