dereita|miniatura|240px|O ácido behénico extráese da árbore Moringa oleifera.
O ácido behénicoPubChem - Behenic acid ou ácido docosanoicoChemSpider - Behenic acidCHEBI é un ácido graxo saturado de 22 carbonos coa fórmula C21H43COOH. Ten a aparencia de cristais ou pos brancos ou cor crema cun punto de fusión de 80 °C e un punto de ebulición de 306 °C.
Como aceite alimentario o ácido behénico absórbese mal.Cater NB, Denke MA. Behenic acid is a cholesterol-raising saturated fatty acid in humans. Am J Clin Nutr. 2001 Jan;73(1):41-4. PMID 11124748.
Fontes É o principal compoñente do aceite de behén co 9% do total, que se extrae das sementes da árbore Moringa oleifera.http://www.numericana.com/answer/culture.htm
O ácido behénico está presente tamén noutros aceites vexetais, como o aceite de colza (canola), o aceite de cacahuete e tamén en aceites de animais mariños.
Usos Comercialmente o ácido behénico pode utilizarse para darlle suavidade aos acondicionadores de cabelo e cremas hidratantesDocosanoic acid. Cayman chem. Tamén se usa nos aceites lubricantes e como retardador da evaporación de disolventes, e ceras.
A redución do ácido behénico orixina behenil alcohol.
Debido á súa natureza anfipática, investigouse o seu uso en monocapas ou películas de Langmuir-Blodgett .
O aceite de pracaxi (extraído das sementes de Pentaclethra macroloba) é un produto natural cunha das concentracións máis altas de ácido behénico coñecidas, e úsase en acondicionadores de cabelo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Behenil alcohol Gliceril behenato Behenato de prata
Categoría:Ácidos graxos