O dolmen de Cabaleiros, tamén chamado Casa da Moura, Casa dos Mouros ou Couza do Cacheiro, é un monumento megalítico situado na parroquia de Cabaleiros, pertencente ao concello coruñés de Tordoia, comarca de Ordes. O dolmen é propiedade da Deputación da Coruña e foi declarado en 1975 Monumento Histórico Artístico, considerándose na actualidade como Ben de Interese Cultural
Descrición Está sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. O dolmen está formado por sete ortóstatos máis a lousa de teito de 4 × 3,40 m. A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual.
Ocupación e asentamento A existencia deste dolmen na área de Tordoia indica que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. Dise tamén que estas construcións colocábanas para delimitar territorios asentados, que tras facer unha selección para os pastos e cultivo, queimaban zonas de arboredo, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidade dos os seus pastos que repercute na súa actividade económica, gandeira e os cultivos forraxeiros.
Lenda O nome de Casa da Moura vénlle porque, segundo conta unha lenda, unha moura, trasladou a laxe grande sobre a cabeza, mentres tecía un vestido.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de megálitos de Galicia
Ligazóns externas Vista dentro do dolmen de 360 graos. Vídeo do dolmen de Cabaleiros
Categoría:Tordoia Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña Cabaleiros