Farid Mammadov (en ) é un cantante azerí, coñecido internacionalmente por representar o seu país no Festival de Eurovisión 2013 coa canción "Hold me" (en galego: "Apértame").

Biografía Mammadov naceu en Bakú. Dende a súa infancia, formou parte do conxunto musical Bulbul dirixido por Aybaniz Hashimova, sendo o solista principal por un longo tempo. É alumno da Universidade Estatal Azarí de Cultura e Artes. Traballa para o Centro de Jazz de Bakú. En marzo de 2013, Mammadov gañou a final nacional azerí para o Festival de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö, Suecia. Foi o primeiro solista masculino que representou o país. En 2013, Farid Mammadov, gañou a preseleción, o Milli Seçim Turu 2013, coa canción "Hold Me" conseguindo o 1º posto, 139 puntos, da segunda semifinal do Festival da Canción de Eurovisión 2013. Na final, partindo como un dos favoritos, conseguiu o 2º posto, con 234 puntos.

Notas

Categoría:Cantantes de Azerbaidján Categoría:Representantes de Azerbaidján en Eurovisión Categoría:Nados en Bakú Categoría:Nados en 1991