Este artigo trata sobre o nome de muller, para a personaxe bíblica véxase o artigo Raquel.

thumb|As bíblicas Raquel e Lea por Dante Gabriel Rossetti.

Raquel é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonés, co castelán, co catalán e co portugués. Provén dunha personaxe bíblica que aparece mencionada por vez primeira no Xénese da Biblia hebraica, Raquel. O nome provén do hebreo: רָחֵל (Rakhél ou Rāḥēl) de significado: ovella.Campbell, Mike Behind the Name Segundo a Biblia, Raquel foi a dona favorita de Xacob, un dos tres patriarcas bíblicos, e nai de Xosé e Benxamín. Foi filla de Labán e a irmá máis nova de Lea, a primeira dona de Xacobe. Xacobe era o seu curmán, e ela era a sobriña máis nova de Rebeca. En galego ten os hipocorísticos Quel e Queliña.

En xaneiro de 2023, existían 8 419 mulleres en Galicia co nome Raquel, cunha media de idade de 40,3 anos.Nome Raquel na Web do Instituto Galego de Estatística

O nome Raquel hoxe en día Raquel non era un dos nomes comúns en Galiza, xa que ningunha parroquia do país ten como padroeira esta santa. Escrita en galego antigo coma Rachel (coa mesma pronuncia), hoxe é un nome común en Galiza. Raquel é un nome moi común nos países de fala hispana e inglesa: América Latina, España, os Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá, Australia e Nova Zelandia.

Onomástico 2 de setembro: Raquel. Raquel noutras linguas

Alemán: Rachel Aragonés: RaquelEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Raquel Catalán: Raquel Éuscaro: Rakel / Errakel Feroés: Rakul Finés: Raakel / Rachelle Francés: Rachel Grego: Ραχήλ (Rahil) Húngaro: Ráhel Inglés: Rachel Irlandés: Ráichéal Italiano: Rachele Polaco: Rachela Portugués: Raquel Romanés: Rahela Ruso: Rahil / Rakhil / Rakhila / Rashel Yiddish: Ruchel

Persoeiros Galegas Raquel Miragaia, Vilalba 1974, é unha escritora galega. Raquel Arias Rodríguez, Sober 1966, é unha xornalista e política galega do PPdeG.

Outras Raquel Welch, Chicago 1940, á unha actriz estadounidense famosa coma sex symbol durante décadas. Raquel del Rosario, Gran Canaria 1982 , é unha cantante española. Raquel Sánchez-Silva,Plasencia ,1973 , é unha presentador a e xornalista española . Raquel Forner, Bos Aires 1902, foi unha pintora, escultora e profesora de debuxo arxentina. Raquel Meller, Tarazona 1888, foi unha cantante, cupletista e actriz de cinema español. Rachel Bromwich Inglaterra, 1915, foi unha universitaria inglesa que traballou sobre a literatura galesa da Idade Media. Rachel Weisz, Westminster 1970, é unha actriz británica. Rachel Bilson, Os Ánxeles, é unha actriz estadounidense . Rachel Carson, Pennsylvania 1907, foi unha bióloga e escritora estadounidense. Rachel Blanchard, Toronto 1976, é unha actriz canadense . Rachel Boston, Tennessee 1982, é unha actriz norteamericana de cinema , televisión e teatro . Raquel Carriedo-Tomas (nada en 1971), golfista española. Raquel Chalfi, poeta israelita. Raquel Guerra (nada en 1985), cantante e actriz portuguesa. Raquel Lee (nada en 1986), actriz estadounidense. Raquel Silva (nada en 1978), xogadora de balonvolea brasileira. Raquel Zimmermann (nada en 1983), modelo brasileira.

Personaxes de ficción Rachel Green, personaxe de ficción da popular serie televisa dos Estados Unidos Friends interpretada por Jennifer Aniston.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe hebrea Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos aragoneses Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos cataláns Categoría:Nomes femininos portugueses