Waldrada ou Vuldetrada, nada en 531 e finada en 572, foi unha dama franca filla de Wacho, rei dos longobardos (que gobernou sobre 510-539) e da súa segunda muller chamada Austrigusa ou Ostrogota, unha muller xépida. Traxectoria Foi a esposa de Teodebaldo, rei de Austrasia (que gobernou entre 548 e 555), do que quedou viúva; despois foi a amante repudiada de Clotario I, rei dos francos (que gobernou ata 561) que a entregou como muller a Garibaldo I de Baviera.

A Origo gentis Langobardorum denomina nomen unae Wisigarda…nomen secundæ Walderada como as dúas fillas de Wacho e a súa segunda muller, especificando que Waldrada estaba casaba con Scusuald rex Francorum e máis tarde con "Garipald".Origo gentis Langobardorum 4, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 4.

A Historia Langobardorum fala de Walderada como a segunda filla de Wacho da súa segunda muller, especificando que casou con Francorum rex Chusubald.Historia Langobardorum Codicis Gothani 4, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 9 Paulo Diácono denomina Wisigarda…[et] secunda Walderada como as dúas fillas do Rei Wacho e a súa segunda muller, especificando que Walderada estaba casada con Cusupald, alio regi Francorum e máis tarde con Garipald.Pauli Historia Langobardorum I.21, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 59.

Hermann de Reichenau (Herimannus) denomina Wanderadam á esposa de Theodpaldus rex Francorum cando menciona o segundo matrimonio do rei Lotario: Lotharius rex patris eius Theodeberti patruus.Herimanni Augiensis Chronicon 553, Monumenta Germaniae Historica Ss V, páx. 88.

Gregorio de Tours denomina a Vuldetrada como a muller do rei Teodebaldo.<ref>Gregorio de Tours a Historia Francorum IV.9, pág. 202.</ref> Segundo Gregorio de Tours, o rei Clotario empezou a ter relacións coa viúva do rei Teodebaldo, ata que os bispos se queixaron e entregouna ao duque Garibaldo de Baviera'',Gregorio de Tours, Historia Francorum IV. 9, pág. 203. que aparentemente implica que o rei Clotario non chegou a casar con Waldrada.

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Medieval Lands Project: Duques Bávaros

Categoría:Merovinxios