Un asterisco (*) é un signo ortográfico auxiliar, chamado así polo seu parecido a unha estrela (do latín asteriscus e este do grego ἀστερίσκος, asteriskos, «estrela pequena»).

Usos Escritura O uso máis habitual é indicar unha chamada de nota, colocándoo na parte superior dunha palabra.

Informática En informática é un carácter comodín, empregado para substituír varios caracteres. Aparece habitualmente durante a introdución dun contrasinal no lugar de cada un dos seus caracteres para que outras persoas non o poidan ler. Nalgunhas linguaxes de programación representa operacións como multiplicacións ou potencias.

Matemáticas En Matemáticas ten usos, como o de representar espazos duais de espazos vectoriais, ou diferentes tipos de produtos segundo o contexto.

Lingüística Úsase o asterisco para indicar unha palabra hipotética ou reconstruída. Indica tamén que unha palabra, sintagma ou oración é incorrecta.

Telefonía Nos teléfonos o asterisco: * é unha tecla especial, como o grade.

Véxase tamén Outros artigos

Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos Categoría:Símbolos matemáticos