William Erwin "Will" Eisner, nado en Nova York o 6 de marzo de 1917 e finado en Lauderdale Lakes (Florida) o 3 de xaneiro de 2005, foi un creador de bandas deseñadas estadounidense.

Traxectoria Foi un dos primeiros teóricos da banda deseñada, experimentando na forma e no contido na serie The Spirit (1940–1952). Ademais popularizou a expresión novela gráfica coa publicación do seu libro Contrato con Deus. A súa importancia na historia da banda deseñada foi recoñecida coa creación dos Premios Eisner, entregados anualmente aos mellores autores e obras neste medio.

Outros traballos seus son Life on another planet, The force of life, New York - The Big City e os ensaios Comics & Sequential Art e Graphic Storytelling - Telling Comics

Galería de imaxes

Premios Eisner En inglés Will Eisner Comics Industry Award é o premio da industria do cómic polos logros creativos na banda deseñada dos Estados Unidos. Creado en 1988, Will Eisner foi un habitual das cerimonias de entrega, na Convención Internacional de Cómic de San Diego (California) até o seu pasamento en 2005.

As categorías dos premios, que algúns equiparan aos Oscar dos cómics, inclúen mellor guionista, debuxante, rotulación, capa, colorista etc.

Dous galegos recibiron un Eisner, Miguelanxo Prado á mellor antoloxía, en 2004 pola súa participación en The Sandman: Endless Nights (obra colectiva de Neil Gaiman xunto a Dave McKean, Milo Manara, Bill Sienkiewicz entre outros), e Emma Ríos,en 2020 pola capa da súa obra Bella Muerte (Bela Morte).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial de Will Eisner

Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Debuxantes Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 2005