Bernard Noël "Banjo Barney" McKenna, nado o 16 de decembro de 1939 en Donnycarney (Condado de Dublín) e finado o 5 de abril de 2012 en Howth (Condado de Dublín), foi un músico irlandés que pese a tocar varios instrumentos coma a mandolina e o acordeón pasou á historia como un dos mellores tocando o banjo tenor. Foi membro fundador do histórico grupo irlandés The Dubliners.

Biografía Comezou a tocar o banxo aos 12 anos ao non poder permitirse mercar unha mandolina, que era o instrumento que lle gustaba, porén foi con este instrumento co que desenvolvería a maior parte da súa carreira, primeiro en cabarés e concertos en Dublín e despois formando parte do grupo The Dubliners tras un breve paso por outra banda histórica como The Chieftains.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The Irish Tenor Banjo Páxina oficial do músico

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Músicos de Irlanda Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados no condado de Dublín