Domingo Antonio Pérez Gándaras, nado en Pacios (Baralla) cara a 1898, foi un médico e político galego.

Traxectoria Fillo de Juan Pérez Rodríguez e Manuela Gándaras López e irmán de Ángel Pérez Gándaras. Na Segunda República foi directivo de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado.BOP Lugo, 4-11-1936, p. 3.BOP Lugo, 21-10-1937, p. 4. Valentín Méndez Rodríguez foi acusado de prestarlle axuda. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en maio de 1937.BOP Lugo, 11-6-1937, p. 1. Entregouse en 1938 e foi procesado, sen recaer condena sobre el. En outubro de 1940 abonou a sanción por responsabilidades políticas e recobrou a libre disposición dos seus bens.BOP Lugo, 21-10-1940, p. 1. En xaneiro de 1941 foi nomeado médico de asistencia pública de Ribadeo e director do Hospital Municipal de Ribadeo,El Progreso, 31-1-1942, p. 2. permanecendo nese posto nos anos corenta e cincuenta.El Progreso, 2-11-1954, p. 5.

Vida persoal

Casou en Ribadeo con Jesusa Nistal Ares en maio de 1945.El Progreso, 29-5-1945, p. 2. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en represión franquista en Lugo

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en 1898 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido