Camellia reticulata, a camelia reticulada, é unha especie de Camellia nativa do suroeste da China, na provincia de Yunnan. A poboación silvestre está restrinxida aos bosques de montaña no oeste e centro de Yunnan. Atopámola en Galiza coma ornamental nalgúns arboredos, malia non ser tan abundante coma a camelia do Xapón.
Descrición É un arbusto ou árbore miúda, que pode acadar até os 10-15 metros de altura. As follas son elípticas a oblongo-elípticas, de 5–11 cm de longo e 4-5.5 cm de largo. As veas das follas son escuras.Camellia reticulata Lindl. As flores teñen 6–10 cm de diámetro, son de cor rosa suave a rosa forte, con 5-11 pétalos. Son terminais ou axilares; florea de xaneiro a marzo no sueste da China. O froito é unha cápsula de aproximadamente 3,6 cm de longo e 4,6 cm de diámetro.The Week at the Garden: Camellia Fruit (21 de febreiro 2005)
Usos É o emblema floral de Yunnan. Tense cultivado ao longo da súa historia, tanto polo óleo de camelia como polo seu valor como planta ornamental.The Week at the Garden: Camellia Fruit (21 de febreiro de 2005)
Árbores senlleiras A camelia reticulada do Pazo de Oca figura no catálogo de Árbores senlleiras de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia.
Sinónimos Camellia albescens Hung T.Chang Camellia albosericea Hung T. Chang Camellia albovillosa Hu ex Hung T. Chang Camellia bailinshanica Hung T. Chang, et al. Camellia bambusifolia Hung T. Chang, H.S.Liu & Y.Z.Zhang Camellia borealiyunnanica Hung T. Chang Camellia brevicolumna Hung T. Chang, H.S. Liu & Y.Z. Zhang Camellia brevigyna Hung T. Chang Camellia brevipetiolata Hung T. Chang Camellia chunii (Hung T. Chang) Hung T. Chang Camellia chunii var. pentaphylax Hung T. Chang Camellia heterophylla Hu Camellia jinshajiangica Hung T. Chang Camellia kangdianica Hung T. Chang, et al. Camellia kweichowensis Hung T. Chang Camellia oligophlebia Hung T. Chang Camellia paucipetala Hung T. Chang Camellia pentapetala Hung T. Chang Camellia pentaphylacoides Hung T. Chang Camellia pentaphylax Hung T. Chang Camellia pitardii var. yunnanica Sealy Camellia stichoclada Hung T. Chang Camellia subliberopetala Hung T. Chang Camellia xichangensis Hung T. Chang Camellia xylocarpa (Hu) Hung T. Chang Desmitus reticulata (Lindl.) Raf. Thea reticulata (Lindl.) Pierre Yunnanea xylocarpa Hu
Notas
Véxase tamén Outros artigos Camelia do Xapón Ligazóns externas
Categoría:Camellia Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Oleaxinosas