Santa Cristina de Marcelle é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 164 habitantes (81 homes e 83 mulleres), 65 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Historia Na delimitación parroquial atópanse varias mámoas do neolítico como a do Campo Redondo, as dúas de Vilar (en Outeiro), as dúas de Faílde, e as dúas de Cruceiro Grande. Tamén existe un petróglifo da Idade de Bronce, denominado do Libreiro.
Noutro tempo pertenceu ao arciprestado do Xallas, aínda que actualmente pertence ao de Barcala.
Marcelle foi dos Condes de Gimonde, título concedido polo rei Carlos III en 1765. Dise que este condado tra por armas as dos Cisneros. Recórdase o caciquismo do século XIX naquel dito de "Deus no ceo e Xan Paredes en Marcelle"
Destaca a igrexa do século XVII, aínda que anterior a actual había outra da que non se conserva nada. En 1622 construíuse a capela do Anxo da Garda, costeada por Gonzalo de Turnes e a súa muller, onde se poñen as sepulturas de seus pais e aínda hoxe se conserva a devoción ao santo Anxo da Garda, pervivindo un retablo e unha imaxe. A construción da igrexa levou tres séculos, cun estilo barroco predominante, e cunha escasa decoración.
A mediados do século XX, no chamado xacemento do Campo da Billa, durante a realización de actividades agrícolas, foron localizadas unhas 3 ou 4 sepulturas, conservando algunha delas a tapa, formada por unha única pedra de gran tamaño.
Arquitectura popular
Muíños No río de Vilar hai tres muíños de canle e que moían seis meses: de Juana Romero do Medio, de Juan Cisneros Quinteiro No río Fonte Grande de Juana Romero, de cubo, moía durante catro meses.
Pombais Pombal na casa reitoral, de planta rectangular e na que se aproveita a esquina do muro circundante da casa.
Festas 24 de xuño: Sagrado Corazón Último sábado de agosto: Santa Cristina Última fin de semana de agosto: A Inmaculada
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Marcelle
Parroquias da Baña
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña
Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina