Carlos Reinaldo Pérez Enrique ou simplemente Carlos Pérez, nado o 26 de outubro de 1971 na Habana (Cuba), é un xogador de balonmán de orixe cubano nacionalizado húngaro. Dende o 2013 xoga no Al Shamal qatarí.

Traxectoria Carlos Pérez naceu na Habana (Cuba), e iniciouse na práctica do balonmán no Ciudad Habana, equipo no que militou ata 1997, ano no que asinou co MKB Veszprém KC de Hungría. No equipo húngaro xogou 16 anos e gañou 13 ligas húngaras, 12 copas húngaras e unha Recopa de Europa, e foi subcampión Liga de Campións da EHF en 2002, así como da Supercopa de Europa en 2002 e 2008. En febreiro de 2013 asinou co Al Shamal qatarí.

En 1999 obtivo a nacionalidade húngara, facendo o seu debut na selección húngara no 2002 fronte a Eslovenia. Xogou co combinado húngaro o Campionato do Mundo de 2003, onde demostrou as súas habilidades de tiro, finalizando o campionato como o máximo goleador da competición con 64 goles. Tamén ten sido seleccionado para o equipo All-Star. Participou nos Xogos Olímpicos de 2004 un ano despois, finalizando no cuarto lugar.

A pesar das súas boas actuacións tivo que esperar 7 anos para poder disputar outro gran torneo, o Campionato do Mundo de 2011, no que o seu club só lle permitiu xogar 3 partidos, o seleccionador Lajos Mocsai reservouno para os partidos máis importantes, e máis tarde foi chamado para substituír a Péter Gulyás.

Foi galardoado co premio de Mellor Xogador de Balonmán Húngaro tres veces consecutivas entre 2003 e 2005, e outra vez en 2011.

O 9 de xuño de 2013, o MKB Veszprém KC retirou o dorsal número 10 no seu honor.

Palmarés 13 Ligas Húngaras: 1998, 1999, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012 12 Copas Húngaras: 1998, 1999, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2009, 2010, 2011, 2012 1 Recopa de Europa: 2008

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Carlos Pérez no sitio web oficial do MKB Veszprém KC Estatísticas de Carlos Pérez en Worldhandball

Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1971 Categoría:Xogadores de balonmán de Cuba Categoría:Xogadores de balonmán olímpicos de Hungría Categoría:Xogador de Balonmán Húngaro do ano Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2012