Bernardo Bertolucci, nado en Parma o 16 de marzo de 1940, e finado en Roma o 26 de novembro de 2018, foi un director de cinema italiano.

Traxectoria Fillo dunha profesora e dun crítico de cinema e historiador da arte, comezou a escribir aos quince anos e axiña recibiu varios premios literarios. A profesión do seu pai axudouno na súa carreira, xa que despois de que este publicase a primeira novela de Pier Paolo Pasolini, o director contratou a Bertolucci como axudante no seu filme Accattone.

Pouco despois de abandonar a universidade sen rematar os seus estudos, dirixiu a súa primeira película, La commare secca, con guión do propio Pasolini. Bertolucci tiña tan só vinte e dous anos.

Os temas políticos e sociais están ben presentes na súa obra, desde a súa segunda película, Prima della rivoluzione.

Gañou recoñecemento internacional a partir dos seus seguintes filmes, o controvertido O derradeiro tango en París e Novecento, chegando a conseguir o oscar ao mellor director con O derradeiro emperador, biografía de Puyi.

Obra 1962 - La commare secca 1964 - Prima della rivoluzione 1965 - La via del petrolio 1966 - Il canale 1968 - Partner 1970 - Il conformista 1970 - Strategia del ragno 1971 - La salute è malata 1971 - 12 dicembre 1972 - O derradeiro tango en París 1976 - Novecento 1979 - A Lúa 1981 - La tragedia di un uomo ridicolo 1984 - L'addio a Enrico Berlinguer 1987 - O derradeiro emperador 1990 - The Sheltering Sky 1993 - Little Buddha 1996 - Stealing Beauty 1999 - Besieged 2003 - The Dreamers 2007 - Io e te

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados en 1940 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en Parma