Manuel Heliodoro García García, nado en Candás (Carreño) o 12 de marzo de 1938, é un exfutbolista asturiano. Xogaba de porteiro.
Traxectoria Na tempada 1964–65 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, adestrado primeiro por Juan Otxoantezana e logo por Luis Carniglia. Permaneceu tan só unha campaña no club coruñés, na que foi o porteiro suplente, por detrás de Juan María Benegas, xogando tan só 2 partidos. Ese ano o club descendeu a Segunda División.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Carreño Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Personalidades sen imaxes