miniatura|200px|Mike Leigh. Mike Leigh, nado en Welwyn, o 20 de febreiro de 1943, é un director de cinema británico.

Traxectoria En 1963 marchou a Londres a estudar arte, e nesa cidade comezou a ter contacto coa obra de artistas que o influíron como Harold Pinter ou John Cassavetes.

En 1965 comezou a traballar como axudante de dirección teatral e nos setenta dirixiu obras teatrais para televisión. Entre o seu debut como director de cine, en 1971, e a súa segunda película pasaron dezasete anos.

A partir dos anos noventa foi cando se centrou no cinema, dirixindo habitualmente películas que retratan a clase traballadora. Co filme Secrets & Lies gañou a Palma de Ouro en Cannes e con Vera Drake o León de Ouro en Venecia.

Obra 1971 - Bleak Moments 1988 - High Hopes 1990 - Life Is Sweet 1993 - Naked 1996 - Secrets & Lies 1997 - Career Girls 1999 - Topsy-Turvy 2002 - All or Nothing 2004 - Vera Drake 2008 - Happy-Go-Lucky 2010 - Another Year

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Nados en Lancashire Categoría:Nados en 1943