miniatura|250px|Flor. miniatura|250px|Froito maduro in situ. miniatura|250px|Sementes. Capsicum annuum, chamada pementeiraNon confundir coa pementeira, a planta da que se tira a pementa. "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Termos esenciais de botánica Santiago de Compostela, 2004 ou pemento, é a especie máis coñecida, estendida e cultivada do xénero Capsicum (os pementos), da familia Solanaceae. Todas as innumerábeis formas, tamaños, cores e sabores dos seus froitos, descritos e nomeados na cultura popular, corresponden en realidade a esta mesma especie.

Esta especie é cultivada mundialmente, sendo orixinaria de Mesoamérica, onde foi domesticada hai máis de 6000 anos, e onde se atopan aínda variedades bravas, coma a coñecida popularmente alí co nome de chiltepín, chile soltero ou chile loco.

Descrición Trátase dun arbustiño duns 80 cm até 1 m de alto. De talos glabrescentes ramificados con follas ovadas, pecioladas, solitarias ou por pares, de 4–12 cm por 1,5–4 cm de largo, tamén pubescentes, con marxes enteiras, base estreitada e ápice algo acuminado. As flores son solitarias ou en grupiños dunhas poucas, erectas ou algo pénsiles e nacendo no nó das follas co talo. O cáliz, persistente, é en forma de campá e enteiro, con 5-7 costelas principais arredondadas rematadas nun dente, xeralmente romo, e unhas cantas costelas secundarias. A corola, máis ben miúda (centimétrica), comporta 5-7 pétalos todos largamente soldados nas súas bases, de cor branca e finamamente denticulados nos seus bordos. As anteras son xeralmente purpúreas. O froito - que pode ter unha infinidade de formas - é unha baga oca con 2-4 tabiques incompletos que soportan as sementes, que son discoidais/espirais, moi comprimidas, duns mm de diámetro e de cor amarelenta. Florea de maio a agosto, e frutifica desde xullo deica novembro.Flora of China, Vol. 17, p. 313Font Quer, P.: Plantas medicinales, el Dioscórides renovado. Editorial Labor, Barcelona, 1980, p. 581-583.

Composición Contén capsaicina (alcaloide responsábel do sabor picante dalgúns cultivares de pementos), carotenos, capsorrubina, luteína, cobre e vitamina C en cantidade apreciábel, mais que se perde durante o eventual desecamento.

Conservación do froito O pemento adoita considerarse un froito non climatérico. Presenta baixa produción de etileno e baixa sensibilidade a esta fitohormona. As súas condicións óptimas de conservación son temperaturas de 7 a 10 °C e 95 a 98 % de humidade relativa. Ten unha vida útil en postcolleita de 2 a 3 semanas.

Usos Alimentario Os froitos empréganse tradicionalmente na cociña, inmaturos e maduros, crus, asados, cociñados, no forno, secos, en po etc., e isto no mundo enteiro dende a súa introdución desde América por Cristovo Colón. Medicinal Indicacións: é antihemorroidal (en baixa concentración), antirreumático, aperitivo, revulsivo, rubefaciente, adstrinxente, afrodisíaco, estomacal, carminativo.

Taxonomía Capsicum annuum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 188–189. 1753.

Citoloxía Ten un número cromosomático de 2n=24Tommi Hietavuo, Jukka "Fatalii" Kilpinen & Tommi Hietavuo, Suomen Kattavin Chilitieto, Vuodesta, 1997

Etimoloxía Capsicum: nome xenérico que deriva do vocábulo latino capsŭla, ae, ‘caixa’, ‘cápsula’, ‘arconcito’, a través da palabra grega kapsakes, co mesmo sentido, en alusión ao froito, que é un envoltorio case baleiro. En realidade, o froito é unha baga e non unha cápsula no sentido botánico do termo.

annuum: epíteto latino que significa “anual”.Rn Epítetos Botánicos

Variedade Hai só unha variedade aceptada: Capsicum annuum var. glabriusculum (Dunal) Heiser e Pickersgill.

Todos os innumerábeis táxones infraespecíficos creados, menos un (Capsicum annuum var. glabriusculum (Dunal) Heiser e Pickersgill), son sinónimos da especie.

Sinonimia Véxase a listaxe de sinónimos de Capsicum annuum.

Cultivares Téñense desenvolvido unha multitude de cultivares, máis ou menos estendidos, entre outros:

Hot Wax Pepperoni Punainen Chili Bell Pepper (Paprika) Cascabel Chilaca Guajillo Xalapeño Mirasol Poblano Purira Serrano Cayenne De Árbore Goat's Weed Ollo de Paxaro Thai Rawit Malawi Bird's Eye Bolivian Rainbow Bird's Eye Baby NuMex Twilight NuMex Centennial Black Scorpion Tongue Black Coban Black Pearl Mexican Cluster Marbles etc... etc...C. annuum en Inferno Chili

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pemento (xénero Capsicum)

Ligazóns externas Chile Database - unha base de datos en inglés, con máis de 3600 variedades de pementos (en inglés) Thechileman chilepepper database - Base de datos de pementos (en inglés)

Categoría:Capsicum Categoría:Pementos Categoría:Hortalizas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas descritas en 1753