Emilio Rodal González, nado en Cangas de Morrazo e finado en Vigo en xuño de 1929El Pueblo Gallego, 16-6-1929, p. 17., foi un xornalista e propagandista agrario galego.

Traxectoria miniatura|350px|De pé, de esquerda a dereita: Humberto Cuíñas, Rafael Fuembuena, Blas Agra Mancebo, Miguel de Zárraga, Luis Suárez Gutiérrez, Eugenio Fernández Leis e Julián García Larrú. Sentados Enrique Pereira Borrajo, Miguel Fernández Lema, Emilio Rodal e Antonio Fernández Arreo. Asociación da prensa de Vigo, 1909. Comezou o seu traballo na prensa en Noticiero de VigoVida Gallega, 20-6-1929, p. 11. e foi redactor de Faro de Vigo e El Liberal. Foi inspirador e propagandista do Directorio Antiforista de Teis, do que foi delegado xeral e presidente honorario. De setembro de 1909 a marzo de 1910 viaxou a Cuba como representante do Directorio para realizar unha campaña propagandista na illa que culminou coa organización dun comité redencionista na Habana. En 1910 foi nomeado presidente honorario da Liga Agrario-Redencionista, pero dimitiu en setembro. En outubro marchou a Arxentina para realizar outra campaña redencionista entre os emigrados. Asentouse definitivamente na Arxentina e pertenceu a directiva da Casa de Galicia de Buenos Aires. Regresou a Galicia nos anos vinte e en 1928 presidiu en Cangas unha reunión dos pósitos de pescadores de Galicia. Finou en Lavadores en 1929 logo de padecer unha dura enfermidade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas El Partido Agrario Español (1934-1936): Una alternativa conservadora y republicana

Categoría:Xornalistas de Cangas de Morrazo Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Finados en 1929