Catwoman é un filme estadounidense de acción dirixido por Pitof que se estreou no 2004. Está protagonizado por Halle Berry, Sharon Stone, Benjamin Bratt, Lambert Wilson, Frances Conroy e Alex Borstein. O filme está vagamente inspirado na personaxe homónima de DC Comics Catwoman, que é a anti heroína do super heroe Batman. Esta historia está protagonizada por unha personaxe nova, Patience Phillips, que toma o nome de Catwoman como o dunha figura histórica. Foi pobremente recibido pola crítica e pola audiencia, e é comumente listado como un dos peores filmes feitos na historia do cine.
Estreouse en galego na TVG o 23 de setembro de 2009.
Sinopse Patience Philips (Halle Berry) traballa como deseñadora gráfica para unha empresa de cosméticos, dirixida polo despótico George Hedare (Lambert Wilson) e a súa muller, a supermodelo Laurel (Sharon Stone). Descobre por casualidade un terrible segredo sobre un revolucionario produto de beleza que está a piques de poñerse á venda, e é eliminada por uns sicarios. Porén, misteriosamente, volve á vida cunhas cualidades e unha gran forza. Convértese entón en "Catwoman" e prepara a súa vinganza coa axuda de Ophelia Powers (Frances Conroy).
Personaxes Halle Berry como Patience Phillips / Catwoman Benjamin Bratt como Detective Tom Lone Sharon Stone como Laurel Hedare Lambert Wilson como George Hedare Frances Conroy como Ophelia Powers Alex Borstein como Sally Michael Massee como Armando Byron Mann como Wesley Alex Cooper como Gloria Ojeda Kim Smith como Drina Peter Wingfield como Dr. Ivan Slavicky Berend McKenzie como Lance Michael Daingerfield como Policía forense Benita Ha como Técnico forense James Lloyd Reynolds como Doutor Jill Krop como Newscaster Dagmar Midcap como Reporteiro de televisión Gordon Sharplin como Dono do club Ryan Robbins como Camareiro Peter Williams como Detective Janet Varney como Moza na festa
Galardóns e nomeamentos 2004: 4 Premios Razzie, peor filme, director, actriz e guión. 7 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego