Alive é un filme estadounidense dirixido por Frank Marshall que se estreou en 1993. Baséase no libro de Piers Paul Read Alive: The Story of the Andes Survivors (1974), que conta a historia real do equipo de rugby uruguaio cuxo avión se estrelou nos Andes o 13 de outubro de 1972.

Un dos sobreviventes ó accidente, Nando Parrado (interpretado por Ethan Hawke), serviu como conselleiro técnico para o filme. Está protagonizado por Ethan Hawke, Vincent Spano e Josh Hamilton. O filme foi narrado por John Malkovich.NY Times movie review, 1993

Sinopse Narra a terrible experiencia dun grupo de xogadores do equipo nacional de rugby do Uruguai cuxo avión se estrelou no medio dos Andes. Completamente illados, os días pasaban sen que ninguén fose a rescatalos, polo que se viron obrigados a recorrer ó canibalismo, coméndose a carne dos compañeiros falecidos, mentres os máis fortes preparaban unha viaxe desesperada a través das montañas.

Personaxes

Sobreviventes Ethan Hawke como Nando Parrado Josh Hamilton como Roberto Canessa John Haymes Newton como Antonio "Tintin" Vizintin Bruce Ramsay como Carlitos Páez David Kriegel como Gustavo Zerbino Jack Noseworthy como Roberto "Bobby" Francois Kevin Breznahan como Roy Harley David Cubitt como Adolfo "Fito" Strauch Gian DiDonna como Eduardo Strauch John Cassini como Daniel Fernandez Richard Ian Cox como Ramon "Moncho" Sabella Nuno Antunes como Alvaro Mangino]] Gordon Currie como Jose Luis "Coche" Inciarte Sam Behrens como Javier Methol Michael Tayles como Alfredo "Pancho" Delgado Steven Shayler como Jose Pedro Algorta John Malkovich como Carlitos Páez de maior / Narrador

Finados Michael Sicoly como Coronel Julio Ferrádas, Piloto Jerry Wasserman como Tenente Coronel Dante Lagurara, Copiloto Tony Morelli Tenente Ramón Martínez, Navegador José Zúñiga como Sarxento Carlos "Fraga" Roque, Mecánico Frank Pellegrino Sarxento Ovidio Joaquín Ramírez Illeana Douglas como Liliana Methol Ele Keats como Susana Parrado Jan D'Arcy como Eugenia Parrado Danny Nucci como Hugo Diaz (baseado en Daniel Maspons) Vincent Spano como Antonio Balbi (baseado en Marcelo Pérez) Michael DeLorenzo como Rafael Cano (baseado en Numa Turcatti) Josh Lucas como Felipe Restano (baseado en Felipe Maquirriain) Chad Willett como Pablo Montero (baseado en Enrique Platero) Michael Woolson como Juan Martino (baseado en Juan Carlos Menéndez) Diana Barrington como Mrs. Alfonsin (baseado en Graciela Mariani) Christian Meoli como Federico Aranda (baseado en Rafael Echavarren) Jake Carpenter como Alberto Antuna (baseado en Arturo Nogueira) Silvio Pollio como Álex Morales (baseado en Fernándo Vázquez) Jason Gaffney como Victor Bolarich (baseado en Gustavo Nicolich) Seth James Arnett como Tomas Alonso (baseado en Carlos Valeta) Patrick Ramano como Jorge Armas (baseado en Diego Storm) Aurelio Dinunzio como Dr. Solana (baseado en Dr. Francisco Nicola) Fiona Roeske como Mrs. Solana (baseado en Esther Nicola)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes de The Kennedy/Marshall Company Categoría:Filmes ambientados en Chile Categoría:Filmes ambientados en 1972 Categoría:Filmes sobre canibalismo Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en feitos reais