Robert Earl Wise, nado en Winchester (Indiana) o 10 de setembro de 1914 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de setembro de 2005, foi un director de cinema, produtor e montador estadounidense.
Traxectoria Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a RKO, aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao oscar á mellor montaxe por Cidadán Kane.
A súa primeira película coma director foi substituíndo o director orixinal dun filme de terror, A maldición da muller pantera, en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a ciencia ficción en The Day the Earth Stood Still o melodrama en So Big, ou o cine épico de Helen of Troy. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en musicais que lle deron o oscar ao mellor director: West Side Story e Sorrisos e lágrimas, a primeira codirixida con Jerome Robbins. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para DVD dos seus filmes.
Obra A maldición da muller pantera (1944) Mademoiselle Fifi (1944) O ladrón de cadáveres (1945) A Game of Death (1945) Criminal Court (1946) Born to Kill (1947) Blood on the Moon (1948) Mystery in Mexico (1948) O amaño (1949) Three Secrets (1949) Two Flags West (1949) The Day the Earth Stood Still (1951) The House on Telegraph Hill (1951) Something for the Birds (1952) The Captive City (1951) So Big (1953) Destination Gobi (1953) The Desert Rats (1953) Executive Suite (1954) Somebody Up There Likes Me (1956) Tribute to a Bad Man (1956) Helen of Troy (1956) Until They Sail (1957) This Could Be the Night (1957) Run Silent, Run Deep (1958) Quero vivir (1958) Odds Against Tomorrow (1959) West Side Story (1961) Two for the Seesaw (1962) The Haunting (1963) Sorrisos e lágrimas (1965) O Yang-Tse en chamas (1966) A estrela (1968) The Andromeda Strain (1971) Two People (1973) The Hindenburg (1975) Audrey Rose (1977) Star Trek: The Motion Picture (1979) Rooftops (1989) A Storm in Summer (2000)
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados no condado de Randolph, Indiana