O champiñón común ou champiñón de ParísArtigo micolóxico no Portal das Palabras da RAG., (do francés champignon) (Agaricus bisporus) é unha especie de fungo basidiomiceto da familia Agaricales, cultivado extensamente para o seu uso en gastronomía. É o cogomelo máis empregado entre os fungos comestíbeis, prestándose en numerosas formas de consumo. Malia a micofobia galega tradicional, o consumo e cultivo do champiñón é común en Galiza hoxe en díahttp://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.6128.php.

Descrición miniatura|right|Cultivo de Agaricus bisporus. A. bisporus presenta un chapeu arredondado e lixeiramente achatado na parte superior. Durante o proceso de crecemento, este se atopa unido ao pé por medio dun anel simple, é dicir virado só cara a base; contra o final da fase de desenvolvemento abre, co que quedan á vista as lamelas típicas das agaricáceas. Estas están ceibas do pé, e co tempo tornan gradualmente dunha cor rosada a unha parda escura. O chapeu pode acadar os 18 cm de diámetro, e o pé até oito de longo e tres de diámetro.

O trazo distintivo de A. bisporus é microscópico: as súas esporas (que miden de 5,5 a 8,5 por 4 a 6,5 µ), de forma elíptica, preséntanse dúas por cada basidio, no canto de catro como é habitual noutros Agaricus.

A variedade cultivada máis frecuentemente, A. bisporus var hortensis, é de cor branca en toda a súa superficie; a carne presenta algúns matices rosados. Esta variedade, orixinaria de Pensilvania —onde un granxeiro a obtivo mediante unha mutación ao chou— desprazou virtualmente do mercado, pola súa mellor adapción á conservación, á orixinal A. bisporus var brunnescens. Dependendo do punto de maduración co que se comercializa, esta última véndese baixo o nome de portobello —máis grande e desenvolvido— ou crimini —en etapa xuvenil—; adoitan presentar un maior tamaño que o mutante branco, e un chapeu é máis largo e achatado, destinándose especialmente ao consumo inmediato.

Cultivo Coma outras especies do xénero, A. bisporus é saprófita. Preséntase en feixes ou fatos apertados, o que fai que a produción por m² sexa elevada. Cultívase polo xeral sobre compost, no que se inocula o micelio, normalmente usando grans de trigo estériles recubertos de hifas do fungo.

Gastronomía O champiñón común ten un sabor neutro e delicado, cun recendo lixeiramente a noz nos exemplares máis maduros. É popular en gastronomía, incluso en Galiza, e de escaso rendemento calórico, contendo arredor de 20 calorías cada 100 gramos. É relativamente rico en fibra alimentaria, así como en vitamina B6, vitamina C, vitamina D, potasio e niacina. É utilizado na elaboración de pizzas, revoltos, tortillas etc.

Sinónimos O basónimo de A. bisporus é Psalliota hortensis f. bispora J.E. Lange, 1926. Son tamén sinónimos os nomes científicos a seguir: Agaricus bisporus (J.E. Lange) Pilát, 1951 Agaricus bisporus (J.E. Lange) Singer, 1951 Agaricus bisporus var. albidus (J.E. Lange) Singer, 1961 Agaricus bisporus var. avellaneus (J.E. Lange) Singer, 1961 Agaricus bisporus var. bisporus (J.E. Lange) Pilát, 1951 Agaricus brunnescens Peck, 1900 Agaricus campestris var. bisporus Kligman, 1943 Agaricus campestris var. buchananii Berk., 1860 Agaricus campestris var. elongatus Berk., 1860 Agaricus campestris var. hortensis Cooke, 1871 Agaricus cookeanus Bon, 1985 Agaricus hortensis (Cooke) Pilát, 1951 Agaricus hortensis (Cooke) S. Imai, 1938 Agaricus subfloccosus var. bisporus (J.E. Lange) Hlaváček, 1951 Psalliota bispora (J.E. Lange) F.H. Møller & Jul. Schäff., 1938 Psalliota bispora f. albida (J.E. Lange) Treschew, 1944 Psalliota bispora f. avellanea (J.E. Lange) Treschew, 1944 Psalliota campestris var. hortensis (Cooke) Lloyd, 1899 Psalliota hortensis (Cooke) J.E. Lange, 1926 Psalliota hortensis f. albida J.E. Lange, 1939 Psalliota hortensis f. avellanea J.E. Lange, 1939

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Champiñón (xénero Agaricus'') Bibliografía

Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Agaricus