George Stevens, nado en Oakland (California), o 8 de decembro de 1904 e finado en Lancaster, California, o 8 de marzo de 1975, foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria Naceu nunha familia de actores teatrais cos que actuou ata que pasou ao cine como cámara, dirixindo a súa primeira película, Kentucky Kernels en 1934. Non obstante comezou a destacar cando dirixiu a Katharine Hepburn en Alice Adams en 1935 e que supuxo a volta á popularidade da actriz.Peary, Gerald and Shatzkin, Roger. The Classic American Novel and the Movies. New York: Ungar, 1977, p. 218.

Durante a segunda guerra mundial traballou co exército estadounidense dirixindo documentais, incluíndo filmacións do desembarco de Normandía e do campo de concentración de Dachau.Robert E. Conot, Justice at Nuremberg, page 197Library of Congress "Cinematic Classics, Legendary Stars, Comedic Legends and Novice Filmmakers Showcase the 2008 Film Registry" News from the Library of Congress (30 December 2008)

Nos anos cincuenta dirixiu clásicos coma A Place in the Sun, co que gañou ao Óscar ao mellor director, Raíces profundas, The Diary of Anne Frank e Xigante, segundo premio Óscar.

Stevens foi o padre do produtor George Stevens, Jr., fundador do American Film Institute.

Finou no seu rancho dun ataque ao corazón e foi enterrado nos Ánxeles.

Obra 1934 - Kentucky Kernels 1935 - Laddie 1935 - The Nitwits 1935 - Alice Adams 1935 - Annie Oakley 1936 - Swing Time 1937 - Quality Street 1937 - A Damsel in Distress 1938 - Vivacious Lady 1939 - Gunga Din 1940 - Vigil in the Night 1941 - Penny Serenade 1942 - Woman of the Year 1942 - The Talk of the Town 1943 - The More the Merrier 1948 - I Remember Mama 1951 - A Place in the Sun 1952 - Something to Live For 1953 - Raíces profundas 1956 - Xigante 1959 - The Diary of Anne Frank 1965 - The Greatest Story Ever Told 1970 - O único xogo da cidade

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cronin, Paul: George Stevens: Interviews. Jackson, MI, University Press of Mississippi, 2004. ISBN 1-57806-639-5 Moss, Marilyn Ann: Giant: George Stevens, a Life on Film. Madison, WI, University of Wisconsin Press, 2004. ISBN 0-299-20430-8 Petri, Bruce: A Theory of American Film: The Films and Techniques of George Stevens. Nova York, Taylor & Francis, 1987. ISBN 0-8240-0070-6 Richie, Donald: George Stevens: An American Romantic. Nova York, Taylor & Francis, 1984 (reprint of 1970 original). ISBN 0-8240-5773-2 Ligazóns externas

George Stevens: Movie Movie George Stevens papers, Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados en Oakland Categoría:Finados en 1975 Categoría:Óscar ó mellor director