Santo Estevo de Piadela é unha parroquia que se localiza no concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 729 habitantes (371 mulleres e 358 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 726 habitantes.

Cultura Topónimo Piadela é un topónimo latino que é un diminutivo de "piava", ao cal non se lle coñece o significado.

Patrimonio O pazo de Piadela do século XVIII, é de estilo neoclásico. Mandado levantar polo arcebispo de Santiago Juan Sánchez Baamonde en 1728, o edificio é de planta en forma de escuadra, con dúas alturas. Na fachada principal hai un escudo de armas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Piadela

Parroquias de Betanzos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gadisa. Lugares de Betanzos.

Categoría:Parroquias de Betanzos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía