Norman Rae Taurog, nado en Chicago, Illinois o 23 de febreiro de 1899 e finado en Rancho Mirage, California o 7 de abril de 1981, foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria Actor infantil, fixo a súa primeira aparición no cine na curtametraxe Tangled Relations aos trece anos. Tras esta, adicouse especialmente ao teatro.

En 1919 comezou a súa carreira como director de cine, triunfando en 1931 con Skippy, coa que gañou o oscar ao mellor director. O protagonista do filme, tamén candidato ao premio era o seu sobriño, Jackie Cooper.

Nos anos seguintes dirixiu películas de moi diferentes xéneros, incluíndo filmes de propaganda durante a segunda guerra mundial. Durante os sesenta tamén foi o responsable de nove películas de Elvis Presley.

Deixou a dirección en 1968, comezando unha etapa como profesor de cinema en California.

Obra Taurog dirixiu aproximadamente 180 filmes durante a súa carreira, sendo algúns dos principais os seguintes:

1931 - Skippy 1931 - Huckleberry Finn 1933 - A Bedtime Story 1938 - Mad About Music 1938 - The Adventures of Tom Sawyer 1938 - Boys Town 1950 - The Toast of New Orleans 1952 - Jumping Jacks 1955 - The Caddy 1956 - Un regalo do Nadal 1959 - Non abandóne-lo barco 1960 - Visita a un pequeno planeta 1962 - Girls! Girls! Girls! 1968 - Live a Little, Love a Little

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Óscar ó mellor director