Enrique García Rey, nado en Senra (Ortigueira) en 1927 e finado en Pedro Muñoz (Cidade Real) o 24 de febreiro de 1990,La Voz de Galicia, 11-3-1990, p. 47. foi un director de banda e compositor galego. Traxectoria Sobriño do músico e director de bandas Luis Rey Cortés. Foi músico da banda do Rexemento de Infantaría Isabel la Católica da Coruña. Iniciou a súa carreira dirixindo a Banda de música de Goiás, de onde pasou, en 1951, a dirixir a Banda de música de Vilatuxe elevando a súa calidade musical ata conseguir un conxunto con éxito. Tamén se dedicou á composición producindo o pasodobre "Vilatuxe", "Brisas Galaicas", e "Rapsodia Galega nº 1". De Vilatuxe pasou a Merza para dirixir a Banda Artística de Merza. Alí seguiu compoñendo: a muiñeira "Canta Merza", o pasodobre "Ortigueira" e a xota galega "Churrusqueira".
En 1963 deixou Merza para substituír a Antonio Baquero na dirección da Banda Municipal de Redondela. En 1967 pasou a dirixiu a banda municipal de Pedro Muñoz (Cidade Real) transformándoa nunha das mellores de Castela-A Mancha. O concello recoñeceu o seu labor dándolle o seu nome a unha praza da capital municipal e un grupo de músicos puxo o seu nome a unha agrupación musical, a Asociación Musical Enrique García Rey.
A finais de 1981 regresou definitivamente a Galicia como director colexiado en Sarria onde dirixiu tamén a Coral Polifónica Meigas e Trasgos, fundada en 1971.
Vida persoal Casou con Felisa García Bermúdez con quen tivo dous fillos, Enrique Manuel e Félix, tamén ten tres netos, Francisco Javier, Carlos Enrique e Marcos.
Obras "Ortigueira" (pasodobre), 1962. "Churrusqueira" (xota galega), autor da música 1962. "Canta Merza", autor da letra e música, 1962. "Somos gentes de la Mancha" (seguidilla) autor da letra e música. "La Mancha" (pasodobre) autor da letra e música. "Himno de Pedro Muñoz". Autor e compositor, 1970. "Homenaje a Pérez Chovi" (pasodobre de concerto), autor da música, 1976. "Romeria da Peneda" (xota galega) autor da música, 1968. "Rebuldeira" (retozona) (muiñeira). "Ecos galaicos" (pasodobre galego), autor da música, 1976. "Sones de Aragón" (xota), autor da música, 1976. "Aragón canta al Pilar" (pasodobre-xota), autor da música, 1980. "Es mal de amor" (bolero), autor de letra e música, 1980. "Rapsodia galega nº1", autor da música. "Romería de peneda" (xota galega). Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Enrique García Rey, un gran director y compositor de música
Categoría:Directores de banda Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1990