dereita|miniatura|Cemiterio. Vilanova das Frieiras (oficialmente en castelán Villanueva de la Sierra) é unha aldea do concello de Pías, na comarca de Seabra (provincia de Zamora). Segundo o INE, no ano 2012 tiña 59 habitantes.
A aldea A aldea discorre paralela ao regato Pontón, que divide o lugar. Vilanova das Frieiras posúe un pequeno núcleo de casas arredor da praza da Cruz, corazón da aldea, restaurada en 2010 pola Asociación Veciñal de Vilanova das Frieiras por 80.000 euroshttp://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2010/06/11/vecinos-villanueva-sierra-invierten-ahorros-plaza/440674.html. A igrexa principal é a parroquia de San Salvador, que está restaurada e mantén en perfecto estado de conservación o presbiterio e a espadana, rematada nun frontón e furada por un óculo. Na praza da aldea atópase un exemplo de arquitectura tradicional: a Praza Casa Escola, unha estrutura de madeira e con teito de lousa ao ar libre, que servía antigamente para que os nenos da aldea recibisen clases dun mestre ou o cura. O aspecto de Vilanova das Frieiras é similar aos demais lugares, vilas e aldeas das Frieiras e As Portelas, casas con teitos de lousa, fachadas brancas ou grises, e muros feitos en cachotaría.
A contorna O regato de Cadavais, ou regueiro da Veiga de Pontón, é o curso de auga sobre o cal se estende. A diferenza do resto do concello, que está no val do río Bibei, Vilanova, coma o resto da Terra das Frieiras está na vertente do río Douro, nunha contorna montañosa entre a serra Segundeira e a do Canizo, envorcada máis cara á provincia de Ourense ca ao resto das Portelas. Circundan a aldea montes como o Aguallal, o Terrón, o Carracedo, Pedra de Moura e As Touzas. As casas están espalladas pola lomba e baixan ata a zona do pequeno regato. A zona está ateigada de carballos, castiñeiros e fentos, e amais é rica en fontes mananciais. Hai numerosos carreiros para sendeiristas nos arredores que atraen a excursionistas de zonas lindeirashttp://www.sanabriacarballeda.com/quever/caminos/147-pias. A situación xeográfica do concello de Pías, e polo tanto de Vilanova das Frieiras é de certo illamento con respecto ao resto de Seabra, pois sitúase no lado occidental da portela da Canda, o que a fai estar máis ligada a Galicia ca ao resto da bisbarra zamorana. De feito, os veciños tanto do concello de Pías coma de Porto, para ir á veciña Lubián ou a Pobra de Seabra, teñen que usar a estrada ZA-102, que pasa polo concello da Mezquita para conectar coa estrada nacional N-525.
En 2010, Pías e Vilanova das Frieiras rexeitaron incoporarse ao Parque Natural do Lago de Seabra e ao Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Xunta de Castela e León, pois consideraron que levaría consigo máis prohibicións e inconvenientes ca vantaxes. A veciñanza de Barxacova, a máis setentrional das tres aldeas do concello, si era favorable, porén, ningunha parte do termo municipal pertence ao Parque natural..
Festas e cultura A principal festividade é a romaxe adicada ao San Salvador, na segunda fin de semana de agosto. O pobo de Vilanova das Frieiras xúntase para sacar en procesión o patrón e a Virxe da aldea con música de gaitas. Xeralmente acode a banda de gaitas da veciña Lubián. A festa atrae veciños das aldeas de toda a rodeada, tanto xabresas como ourensás. A cultura e lingua de Vilanova das Frieiras, coma no resto das Portelas é a galega.
Economía Tradicionalmente os habitantes viviron do sector primario. Hoxe en día as principais fontes de ingresos proveñen da mina de cuarzo Leymonhttp://www.mtiblog.com/2010/09/mina-leymon-villanueva-de-la-sierra.html e os muíños eólicos instalados no termo municipal. De feito, as obras da praza da Cruz fixéronse grazas ao xuros xerados por estas actividades económicas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fotos de Vilanova das Frieiras
Categoría:Pías