Antonio Vázquez Trujillo, nado en Santa Cruz de Tenerife o 30 de outubro de 1948, é un exfutbolista español máis coñecido como Canario, que xogaba nas demarcacións de defensa ou centrocampista defensivo.
Traxectoria Debutou profesionalmente en Segunda División co Celta de Vigo, onde chegou en 1967 procedente do Club Deportivo Arenteiro do Carballiño. Ese ano o equipo chegaría ata as semifinais da Copa do Xeneralísimo, onde cae eliminado polo o Real Madrid.
O ano seguinte o equipo conseguiu o ascenso a Primeira División tras dez anos en Segunda. Nunca chegaría a ter moita continuidade no equipo primeiro a causa da súa xuventude, e despois a causa das lesións, polo que finalmente foi traspasado en 1974 ao Deportivo da Coruña, en Segunda División.
Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Nados en 1948 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña