Eoraptor ("ladrón do amencer") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro saurisquio, probablemente terópodo, que viviu a finais do período Triásico, hai aproximadamente 231 e 228 millóns de anos, no Carniano, no que hoxe é Suramérica. Eoraptor lunensis significa o "primeiro ladrón do Val da Lúa", denotando o nome da especie lunensis onde foi descuberto orixinalmente e o nome xenérico da combinación das palabras en grego "Eo" que significa amencer e da latina "raptor", ladrón. Os paleontólogos cren que o Eoraptor é o máis semellante ao devanceiro común de todos os dinosauros. Sábese de varios esqueletos ben preservados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Paul Sereno's paleontology website Paleobiology Database entry Eoraptor lunensis en DigiMorph
Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1993