Mir Qazi, máis coñecido como Mir Aimal Kansi ou Mir Aimal Kasi, nado o 10 de febreiro de 1964 en Quetta e finado o 14 de novembro de 2002 en Jarratt, foi un terrorista paquistaní que disparou contra axentes da CIA na súa sede central en Langley, matando dous e ferindo outros tres conseguindo logo fuxir a Paquistán, aínda que máis tarde foi arrestado e extraditado aos Estados Unidos e tras un xuízo no que foi declarado culpable executado en 2002. Traxectoria
Fillo dun próspero home de negocios propietario de varios hoteis nos arredores de Quetta, perdeu á súa nai cando tiña 19 anos, estudou inglés na Universidade de BaluchistánMcCann, Joseph T. (2006)Terrorism on American Soil: A Concise History of Plots and Perpetrators from the Famous to the Forgotten Sentient Publications:Boulder, p. 177. En 1989 no ano que se licenciou morreu seu pai, tras pasar un tempo en Alemaña en 1991 entrou nos Estados Unidos so o nome de Mir Aimal Kansi, levando unha importante cantidade de cartos en metálico, viaxou con papeis falsos que mercara en Karachi, alterando o seu apelido a "Kansi", e máis tarde mercou unha tarxeta verde falsa en Miami.
Estableceuse cun amigo caximir de nome Zahed Mir,Davis, P. & Glod, M. " CIA Shooter Kansi, Harbinger of Terror, Set to Die Tonight]", The Washington Post, 14 de novembro de 2002. no apartamento que este tiña en Reston, Virxinia, investindo nunha empresa de paquetería na que tamén traballaba como condutor.Justice A. Christian Compton, Virginia Supreme Court Opinion on Mir Aimal Kansi, 6 de novembro de 1998. O seu traballo foi decisivo na elección do albo: "Adoitaba pasar pola zona cada día e sabía que nos carrís da esquerda ía a xente que traballaba na CIA.
Segundo relatou Kasi, a primeira vez que pensou nun ataque foi despois de mercar un AK-47 de fabricación chinesa nunha armería de Chantilly e o plan acabou converténdose na súa principal prioridade.
Ataque O 25 de xaneiro de 1993, Kasi parou un Datsun familiar de cor marrón que lle emprestaranBill Miller. "Gunsmith Says Tip on Kansi Went Unheeded; ATF Disputes Employee's Account", Washington Post, 12 de febreiro de 1993 detrás de varios vehículos que esperaban no carril esquerdo diante dun semáforo en vermello na Route 123 no Condado de Fairfax.Steve Coll, "Ghost Wars", New York: Penguin Books, 2004, pp. 246–247 para entrar na sede central da CIA. Kasi saíu do seu vehículo co seu rifle de asalto semiautomático e movéndose entre os vehículos comezou a disparar,Benjamin, Daniel & Steven Simon. "The Age of Sacred Terror", 2002 matando a Lansing H. Bennett, un médico e analista da CIA que seguía a saúde de líderes estranxeiros Mickolus, Edward (1997) Terrorism, 1992-1995:A Chronology of Events and a Selectively Annotated Bibliography Greenwood:Wesport, páx. 265 e a Frank Darling, alcanzando a outras tres persoas.
Kasi subiu ao seu vehículo e conduciu ata un parque próximo, esperou alí 90 minutos e tras comprobar que non o buscaban activamente volveu ao apartamento de Reston. Meteu a arma nunha bolsa de plástico verde e agachouna baixo o sofá, logo diriuxe a un McDonald's para comer e reservou mesa nun Days Inn para a noite. As novas da CNN que viu confirmáronlle que a policía non identificara correctamente o seu vehículo e non tiña o número da matrícula. Á mañá seguinte tomou un voo para Quetta.
Consonte unha entrevista que fixo Kansi en prisión á WTTG a razón do seu ataque era que estaba en contra da política do goberno norteamericano cara aos países islámicos e os musulmáns.
O 16 de febreiro de 1993, Kasi, considerado un fuxitivo, foi xulgado in absentia.
Arresto Buscado pola CIA con axuda de axentes afgánsThe Washington Post (2012) The Hunt for Bin Laden Diversion Books sen resultado, finalmente en maio de 1997 un informante entrou nun consulado dos Estados Unidos en Karachi e afirmou que sabía onde estaba Kasi, e como proba amosou unha fotocopia do seu carné de conducir cun nome falso pero levando a súa fotografía. Aparentemente os que protexeran a Kasi agora preparábanse para aceptar a multimillonaria recompensa ofrecida pola súa captura."Hasan, K. "How Aimal Kasi was betrayed", Daily Times (Pakistan), 23 de xuño de 2004.
Kasi estaba na perigosa rexión fronteiriza da Liña Durand, así que lle pediron ao informante que convencese a Kasi para pasar ao lado paquistaní, onde podería ser apresado máis facilmente. Kasi ao ofrecerlle un lucrativo negocio de venda de bens electrónicos rusos pasou a fronteira e reservou un cuarto nun hotel de Dera Ghazi Khan.
Ás catro da mañá do 15 de xuño de 1997 un equipo da FBI en colaboración coa ISI entraron no seu cuarto para prendelo, o 15 un C-141 levouno aos Estados Unidos. Durante o voo, Kasi fixo unha confesión completa ao FBI.
Xuízo O xuízo celebrouse en Virxinia en novembro, a defensa presentou o testemuño do neurólogo Richard Restak quen declarou que Kasi perdía tecido do seu lobo frontal, un defecto conxénito que lle dificultaba xulgar as consecuencias das súas accións. Outro psiquiatra da defensa corroborou ese testemuño. O xurado atopouno culpable e recomendou a pena capital. O 4 de febreiro de 1998 Kasi foi sentenciado á pena de morte polo asasinato de Darling, as súas outras sentenzas foron cadea perpetua polo asasinato en primeiro grao de Bennett, varias sentenzas de vinte anos por feridas maliciosas, e multas por un total de 600.000 dólares.
Execución Kasi foi executado por inxección letal o 14 de novembro de 2002 na prisión de Greensville en Jarratt, Virxinia.Glod, M. & Weiss, E. "Kansi Executed For CIA Slayings , Washington Post, 15 de novembro de 2002. Paquistán repatriou o seu corpo, e ao seu funeral acudiu a xerarquía civil de Baluchistán, o comandante local do Exército de Paquistán e Ashraf Jahangir Qazi, o embaixador paquistaní nos Estados Unidos."Pakistan's Foreign Policy Predicaments Post 9/11", South Asia Analyst Group, Paper No. 564, 12 de decembro de 2002 A Asemblea Nacional Paquistaní declarouno "heroe do islam".
Notas
Categoría:Terroristas Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2002