O trazo baixo ou guión baixo é un signo tipográfico auxiliar, consistente nun trazo situado na parte baixa da palabra. No código ASCII ten o valor 95.

Historia O trazo baixo estaba presente nas máquinas de escribir para poder subliñar textos: escribíase primeiro o texto e volvíase atrás para escribir o trazo baixo. Foi incluído como carácter alfabético a finais dos anos sesenta.

Usos Utilízase principalmente en Informática para substituír o espazo en aplicacións nas que non se pode usar ese carácter.

Emprégase tamén como signo diacrítico nalgunhas linguas africanas e amerindias, como o shoshone.

Notas

Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos