Santo André de Cures é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 535 habitantes (265 homes e 270 mulleres).
A parroquia, situada ao norte do concello de Boiro, está na aba sur do monte Iroite. Nela está o Escuadrón de Vixilancia Aérea 10.
Cures na literatura popular Somos do canle de Cures,/ da raíz da carroucheira,/ sabemos bebe-lo viño/ como os guapos da ribeira Fermín Bouza-Brey: “Cantigas populares da Arousa”, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 172. No texto: bebel-o. A carroucheira ou carroucha é a Erica, brezo, carroncha, argaña etc, planta da familia das ericáceas. Santo André de Cures é unha parroquia do concello de Boiro..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cures
Parroquias de Boiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Boiro
Categoría:Parroquias de Boiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André