Sen perdón (en ) é un filme estadounidense dirixido e producido por Clint Eastwood que se estreou en 1992. O filme conta a historia de William Munny, un fóra da lei que acepta un último traballo despois de terse convertido en granxeiro. Está protagonizado por Eastwood, xunto con Gene Hackman, Morgan Freeman e Richard Harris.
Eastwood adicou o filme ós directores e mentores Don Siegel e Sergio Leone. O filme gañou catro Premios Oscar: Mellor filme e mellor director para Clint Eastwood, mellor actor secundario para Gene Hackman, e mellor montaxe para editor Joel Cox. Eastwood foi nomeado ó Oscar ó mellor actor pola súa interpretación, pero ese ano gañouno Al Pacino por Scent of a Woman. Esta longametraxe foi o terceiro western en gañar un Oscar ó mellor filme, sendo as dúas anteriores Cimarron (1931) e Dances with Wolves (1990).
Estreouse en galego na TVG o 3 de xullo de 2011.
Sinopse Dous veteranos pistoleiros volven ós traballos dos que levaban tempo retirados para aceptar a recompensa que lles ofrecen as prostitutas de Big Whiskey para que as liberen da brutalidade do shériff, outro antigo pistoleiro metido a cacique desapiadado. Aparece tamén un pintoresco asasino a soldo, alcumado Bob O Inglés.
Personaxes Clint Eastwood como William "Will" Munny Gene Hackman como Little Bill Daggett Morgan Freeman como Ned Logan Richard Harris como Bob o inglés Jaimz Woolvett como The Schofield Kid Saul Rubinek como W. W. Beauchamp Frances Fisher como Strawberry Alice Anna Levine como Delilah Fitzgerald David Mucci como Quick Mike Rob Campbell como Davey Bunting Anthony James como Skinny Dubois Tara Frederick como Little Sue Beverley Elliott como Silky Liisa Repo-Martell como Faith Josie Smith como Crow Creek Kate Shane Meier como William Munny Jr.
Galardóns e nomeamentos 1992: 4 Oscars: Mellor filme, director, actor secundario (Hackman) e montaxe. 10 nomeamentos. 1992: 2 Globos de Ouro: Mellor director (Clint Eastwood) e actor secundario (Hackman). 4 nomeamentos. 1992: BAFTA: Mellor actor secundario (Hackman). 6 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 1992: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor secundario (Gene Hackman).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllRovi Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clint Eastwood Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Malpaso Productions Categoría:Filmes rodados en Alberta Categoría:Filmes rodados en Wyoming Categoría:Filmes rodados en Kansas Categoría:Filmes ambientados en Wyoming Categoría:Filmes ambientados en 1881 Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1992 con versión en galego