José Souto Vizoso, nado en San Martiño de Xuvia (Narón) o 4 de febreiro de 1893 e finado o 2 de agosto de 1973, foi un bispo católico galego.

Traxectoria Fixo a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo e foi ordenado presbítero en 1916. En 1917 licenciouse en Teoloxía na Universidade Eclesiástica de Santiago. Traballou como profesor de Filosofía e Teoloxía no Seminario de Mondoñedo do que foi reitor e director do Boletín Diocesano. En 1945 foi nomeado bispo de Elusa e bispo auxiliar de Santiago de Compostela. En 1949 foi nomeado bispo de Palencia, cargo que desempeñou ata 1970.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos da diocese de Palencia