Os corchetes son signos ortográficos auxiliares, semellantes ás parénteses, coas que comparten moitos usos, pero formados por liñas rectas.

Usos Utilízanse para encerrar unha parte do texto que debería ir entre parénteses cando xa está dentro doutras parénteses. Úsanse para encerrar modificacións dentro dun texto orixinal, como sinalar palabras ou expresións ausentes. Cando se escriben dentro puntos suspensivos indica que se omite parte dunha transcrición: [...]. En Lingüística úsanse para encerrar fonemas. En Matemáticas indican un intervalo. Na Wikipedia úsanse para crear ligazóns.

Véxase tamén Outros artigos Parénteses

Bibliografía

Categoría:Puntuación Categoría:Símbolos Categoría:Símbolos matemáticos