Anselme Gaëtan Desmarest, nado o 6 de marzo de 1784 en París e finado o 4 de xuño de 1838 en Maisons-Alfort, Val do Marne, Illa de Francia, foi un zoólogo e escritor francés.

Traxectoria Fillo do xeólogo Nicolas Desmarest (1725-1815), fixo os seus estudos na École centrale, e despois no Prytanée national militaire (Escola Militar).

Protexido por Lacépède (1756-1825), alumno de Georges Cuvier (1769-1832) e de Alexandre Brongniart (1770-1847), dedicou o seu tempo de lecer á Historia natural.

A partir de 1814 foi profesor de zooloxía na École nationale vétérinaire de Maisons-Alfort.

En 1820 foi elixido membro da Académie nationale de médecine.

Foi o pai do entomólogo Eugène Anselme Sébastien Léon Desmarest (1816-1889).

Algunhas publicacións Anselme Gaëtan Desmarest fixo numerosas publicacións sobre os fósiles. Así mesmo publicou, entre outras, as seguintes obras: 1805 – Histoire Naturelle des Tangaras, des Manakins et des Todiers 1825 – Considérations générales sur la classe des crustacés 1816-1830 – Dictionnaire des Sciences Naturelles, con André Marie Constant Duméril.

Abreviarura

A abreviatura Dedsmarets emprégase para indicar a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1838 Categoría:Ornitólogos de Francia