Santa María de Cornanda é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 182 habitantes (98 mulleres e 84 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 277 habitantes.

Historia Na Idade Media Cornanda estaba comprendida na Terra de Luaña. Dende o século XII a parroquia estivo vinculada ao Mosteiro de Toxosoutos, aquí tiñan os frades unha granxa que logo deu nome á aldea da Graña.

En 1954 rematouse o encoro de Barrié de la Maza sobre o río Tambre, entre as aldeas da Graña e Vilariño.

Lugares e parroquias Lugares de Cornanda

Parroquias de Brión

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Brión

Ligazóns externas Cornanda na web do concello de Brión

Categoría:Parroquias de Brión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María