Claudio Contreras Valiñas, nado en 1880 e finado o 18 de novembro de 1936, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de José Contreras González, que fora alcalde da Lama, e de Generosa Valiñas Áspera. Colaborou en La Idea e La Opinión, do que foi principal inspirador ata a súa saída das filas do agrarismo. Foi alcalde de Redondela (1914-1915), deputado provincial designado polo Marqués de Riestra e Gobernador civil de Zamora durante a ditadura de Primo de Rivera e Gobernador Civil de Almería dende marzo de 1931.
Vida persoal Casou no Porriño con Teresa Quirós Pereira en 1913.El Diario de Pontevedra, 27-1-1913, p. 1. O seu irmán Ricardo foi, tamén, alcalde de Redondela.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Gobernadores civís de Zamora Categoría:Gobernadores civís de Almería Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1936