Gamba Osaka (en xaponés:ガンバ大阪) é un equipo de fútbol profesional xaponés, que xoga na 1ª división da J. League.

A súa sede está na cidade de Osaka e é un dos equipos xaponeses máis populares.

Ao comezo da súa participación na liga, abreviábase o nome do equipo como Osaka pero, tras a aparición de Cerezo Osaka na J. League, abréviase xeralmente como "G. Osaka".

O equipo foi un dos dez clubs fundadores da J. League, coa cidade de Suita como terreo local, utilizando o estadio creado para a feira internacional de 1970 en Osaka.

O seu nome provén do italiano gamba, que significa perna, nun xogo de palabras coa palabra xaponesa ganbaru (頑張る) que significa "esforzarse" ou "intentar o mellor dun mesmo".

Palmarés Torneos nacionais

J. League (1): 2005 Supercopa Xerox (1): 2007 Copa J. League (1): 2007 Copa do Emperador (2): 2008, 2009

Torneos internacionais

Campionato Pan-Pacífico de Clubs (1): 2008 Liga de Campións da AFC (1): 2008 Copa Queens (1): 1992 Semifinalista da Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2008

Véxase tamén

Outros artigos J. League Ligazóns externas gamba-osaka.net

Categoría:Equipos de fútbol do Xapón