Amor vedado, ópera argentina en un acto en siete escenas (en galego Amor vedado, ópera arxentina nun acto en sete escenas) é a única ópera do compositor galego Andrés Gaos. Trátase dunha ópera nun acto dividido en sete escenas con letra e música do propio compositor. A súa estrea tivo lugar no Palacio da Ópera da Coruña o 8 de outubro de 2009.

Historia A ópera foi composta en torno a 1915, cando Gaos residía na cidade arxentina de Buenos Aires. A pesar de que o propio compositor a considerou unha das súas mellores obras, ningún teatro lírico na época se interesou pola ópera,La Orquesta Sinfónica de Galicia estrena en A Coruña la ópera 'Amor vedado', del gallego Andrés Gaos en Europa Press que permaneceu case un século esquecida ata que foi recuperada polo compositor e musicólogo galego Joam Trillo.La Sinfónica comienza el Año Gaos con el estreno de 'Amor vedado' en El País

A súa estrea non tivo lugar ata 50 anos despois da morte do compositor, cando con motivo do ano Gaos, a Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Víctor Pablo Pérez e as voces de Marta Matheu (soprano), o Albert Montserrat (tenor) e José Antonio López (barítono) xunto co Coro da OSG baixo a dirección de Joan Company, estreou a ópera no escenario Palacio da Ópera da Coruña.A Sinfónica estrea hoxe "Amor vedado" de Andrés Gaos en Galicia Hoxe

Características Musicalmente, a única ópera de Gaos está composta para tenor, soprano, barítono, corpo de baile, coro mixto, banda militar e orquestra e estrutúrase sobre o folclore arxentino. A obra, escrita nun acto, está dividida en sete escenas, das cales a primeira delas ("Baile") e a sexta ("Tormenta") son exclusivamente orquestrais. A primeira escena desplega un corpo de baile con típicas vestimentas gauchas. Na penúltima escena anticípase o tráxico desenlace da obra, no que un desgarrador dúo da soprano e o tenor sela o destino dos protagonistas. Destaca a gran dificultade das partes solistas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web sobre Andrés Gaos Etractos da ópera en YouTube

Categoría:Óperas en castelán Categoría:Óperas estreadas na Coruña Categoría:Óperas de Andrés Gaos Categoría:Óperas de 1915