O camarón vermelloLahuerta e Vázquez (2000), p. 223. (Alpheus glaber) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodos carideo da familia dos alfeidos, que habita nas costas do océano Atlántico nororiental, desde as illas Británicas até Marrocos, incluído as galegas, e no mar Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Exeo, Xónico e Mármara).

Taxonomía

A especie foi descrita en 1792 polo naturalista italiano G. Olivi, na súa obra Zoologia Adriatica ossia Catalogo ragionata degli Animali del Golfo e delle Laguna di Venezia; preceduto da una Dissertazione sulla Storia fiscia e naturale del Golfo; e accompagnato da Memorie, ed Osservazioni di Fiscia Storia naturale ed Economia, como Cancer glaber.Alpheus glaber (Olivi, 1792) no WoRMS. Máis tarde foi reclasificada dentro do xénero Alpheus.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos Alfeidos

Categoría:Carideos Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1792 Categoría:Produtos da pesca