Pandalus é un xénero de crustáceos decápodos carideos, o tipo da familia dos pandálidos, que comprende numerosas especies de camaróns.
As especies deste xénero son de tamaño mediano e algunhas, de alto valor económico, son obxecto de pesca comercial, capturándose con artes de arrastre.Pandalus en Marine Macrofauns Genus Trait Handbook.
Unha especie, Pandalus montagui, vive en asociación simbiótica co verme poliqueto, Sabellaria spinulosa.
Bioloxía
Viven de 3 a 5 anos, e alcanzan a madurez sexual a idade temperá. Son hermafroditas protoándricos, é dicir, que comezan a súa vida adulta sendo machos para convertérense despois en femias.T. Komai (1999): "A revision of the genus Pandalus (Crustacea: Decapoda: Caridea: Pandalidae)". Journal of Natural History 33 (9): 1265–1372. Ver en PDF.
A reprodución lévase a cabo na primavera, sendo a fecundación interna. As femias producen até 3 000 ovos, que leva a nai debaixo do abdome durante 6 días antes de que comecen a desenvolvérense as larvas.
As larvas permanecen no plancto entre 4 e 6 meses. Durante este tempo van á deriva nas correntes e teñen un potencial de dispersión de polo menos 10 km.
Teñen unha taxa de crecemento alta, o que significa que as poboacións poden recuperarse rapidamente despois dunha destrución ou dunha perturbación do hábitat. .
Taxonomía O xénero foi descrito en 1814 polo zoólogo e biólogo mariño William Elford Leach no capítulo "Crustaceology" na obra dirixida por D. Brewster The Edinburgh Encyclopædia. Edinburgh: A. Balfour, na que tamén describe a familia dos pandálidos.Pandalus Leach, 1814 no WoRMS.
Especies O World Register of Marine Species (WoRMS) recoñece na actualidade (29 de outubro de 2013) as seguintes vinte especies:Pandalus Leach, 1814 no WoRMS.
Pandalus borealis Krøyer, 1838 Pandalus chani Komai, 1999 Pandalus curvatus Komai, 1999 Pandalus danae Stimpson, 1857 Pandalus eous Makarov, 1935 Pandalus formosanus Komai, 1999 Pandalus goniurus Stimpson, 1860 Pandalus gracilis Stimpson, 1860 Pandalus gurneyi Stimpson, 1871 Pandalus hypsinotus Brandt, 1851 Pandalus ivanovi Komai & Eletskaya, 2008 Pandalus jordani Rathbun, 1902 Pandalus latirostris Rathbun, 1902b Pandalus montagui Leach, 1814 Pandalus nipponensis Yokoya, 1933 Pandalus platyceros Brandt, 1851 Pandalus prensor Stimpson, 1860 Pandalus stenolepis Rathbun, 1902 Pandalus teraoi Kubo, 1937 Pandalus tridens Rathbun, 1902
Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT, 29 de outubro de 2013) só recoñece estas trece:Pandalus Leach, 1814 no SIIT.
Pandalus borealis Krøyer, 1838 Pandalus danae Stimpson, 1857 Pandalus eous Makarov, 1935 Pandalus goniurus Stimpson, 1860 Pandalus gurneyi Stimpson, 1871 Pandalus hypsinotus Brandt, 1851 Pandalus jordani M. J. Rathbun, 1902 Pandalus kessleri Czerniavsky, 1878 Pandalus montagui Leach, 1814 Pandalus nipponensis Yokoya, 1933 Pandalus platyceros Brandt, 1851 Pandalus stenolepis M. J. Rathbun, 1902 Pandalus tridens M. J. Rathbun, 1902
Ademais, coñécense algunhas outras fósiles.
Pescarías comerciais miniatura|Pandalus platyceros.
As seguintes especies son pescadas comercialmente:Common and scientific names of main cold water prawn and shrimp species Responsible Sourcing Guide: cold water prawns.Selected Shrimps of British Columbia Fisheries and Oceans Canada.
Pandalus borealis Pandulus jordani Pandalus goniurus Pandalus danae Pandalus hypsinotus Pandalus montagui Pandalus platyceros
Notas
Véxase tamén Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
Outros artigos Pandálidos
Ligazóns externas Pandalidae en ADW.
Categoría:Carideos Categoría:Produtos da pesca