Rufino Rivera Losada, nado en Ourense e finado en Madrid en xullo de 1915Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 14-7-1915, p. 2., foi un xornalista galego.
Traxectoria Delineante e funcionario de Camiños provinciais. Instalouse en Pontevedra onde dirixiu os periódicos O Galiciano e A Tía Catuxa. Colaborou noutras publicacións co pseudónimo "O Galiciano". Publicou o volume O Galiciano. Producciós premeadas no certame gallego literario que iniciado por O Galiciano celebrouse en Pontevedra o 9 de agosto de 1886, no que se recollen os traballos premiados no certame promovido pola revista. Foi o promotor do primeiro concurso de maios de Pontevedra. En 1893 trasladouse a Madrid para ocupar un posto de delineante no Ministerio de Fomento.
Obras Publicou en O Galiciano os relatos "Un que foi por lan", "O que son os casamentos pola nova", "O conto da lebre", "Unhas cirolas de merto", "Martes", "A Noiteboa dos labregos", "A morte de Xusto" e "O ramo" (algúns deles volveron aparecer en A Tía Catuxa. En El Gallego apareceu o conto "Un bautismo na ponte do Burgo".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría: Xornalistas de Ourense Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Finados en 1915 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados no século XIX